Castellanos de Castilla,...

Castellanos de Castilla,
tratade ben os gallegos;
cando van, van como rosas;
cando ven ven como negros.
Cando foi iba sorrindo,
cande ven, viña morrendo
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.
Aquel mais que neve branco
aquel que decuras cheyo
aquel por quen eu vivia
e sin quer vivin non quero
Foi a castilla por pan, e saramago lle deron
deronlle fel por bebida
peniñas por alimento.
Deronlle, en fincanto amargo
ten a vida no seu seno
Castellanos, castellanos
tendes corazon de ferro
! Ay! no meu carazonciño
xa non pode haber contento
questá de dolor ferido
questá de loito coberto.
Morreu aquel que eu querià
e para min nos hay consuelo
solo hay para min Castilla
a mala ley que che teño.